xaneiro, 2019

26xan19:00MUNICIPALActo "5 anos construíndo a historia das mulleres"19:00 Centro de Interpretación das Torres Arcebispais. Travesía Mestre Mateo, 36002 PontevedraEvento tipo:Máis…,Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra organiza un acto para conmemorar os cinco anos de traxectoria do programa A memoria das mulleres e presentar a páxina web dogrisaovioleta.gal

Baixo o título 5 anos construíndo a historia das mulleres, o acto terá lugar o sábado 26 de xaneiro, ás 19h no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) e contará coa participación do concelleiro de Patrimonio e Memoria Histórica, Luís Bará e coa actuación musical do grupo Comando Foucellas.

Ao longo destes anos procurouse rescatar os nomes, as biografías e de ser posíbel os rostros das mulleres comprendidas en tres ámbitos: o das pioneiras, o das traballadoras e o das represaliadas e resistentes. Para iso traballouse na compilación da documentación, bibliografía, hemeroteca, imaxes e arquivos de son e vídeo que puidesen existir sobre elas, e ademais realizáronse ducias de entrevistas que puidesen achegar novas informacións. Nese empeño fóronse realizando actividades e publicacións, exposicións, colaborouse en artigos e programas de radio, nomeáronse rúas, graváronse para sempre nomes de muller en placas, pintáronse murais…E agora, ao cabo destes cinco anos preséntase esta páxina web dogrisaovioleta.gal, onde se recolle boa parte do traballo realizado.

Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA)

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais. Travesía Mestre Mateo, 36002 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa