marzo, 2020

03mar19:00Ciclo de conferencias "A vivir que son 100 anos"19:00 Evento tipo:Escena,Exposicións,Máis…

Máis

Detalles do Evento

Do 18 de febreiro ao 26 de marzo, en colaboración coa Fundación General CSIC, presentamos no Café Moderno Afundación de Pontevedra «A vivir que son 100 anos», unha visión científica sobre a lonxevidade e o envellecemento saudable.

O aumento da esperanza de vida é unha das transformacións máis relevantes que experimentamos como sociedade. Durante o último século e medio gañamos 6 horas de vida por cada día que sobrevivimos. Que fai vivir á xente ata idades tan avanzadas: a xenética, os estilos de vida, as condicións sociais, os avances científicos? Que desafíos sociais se nos presentan e como se preparan as respostas a eles?

Para responder estas e outras preguntas, Afundación organiza visitas didácticas para todas as idades, onde teremos a posibilidad de reflexionar sobre que é o envellecemento, como a contorna condiciona a nosa forma de envellecer e como invertir nas nosas propias vidas para envellecer ben. Hábitos de vida saudables, conexión e empatía entre xeracións, aprendizaxe permanente, aspectos xenéticos, serán algúns dos temas a tratar.

Enmarcada dentro da exposición celebrarase un ciclo de conferencias, un ciclo de cine e unha xornada de portas abertas no Espazo +60.

 

CICLO DE CONFERENCIAS

O ciclo de conferencias, que terá lugar na Sede Afundación de Pontevedra, enmárcase na exposición A VIVIR QUE SON 100 ANOS que se mostra no Café Moderno Afundación de Pontevedra grazas á colaboración coa Fundación Xeral CSIC e Afundación.

Entrada libre ata encher capacidade.

 

“La revolución de la longevidad” – 3 de marzo – 19.00 horas

Dolores Puga.-  Científica titular do Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)
Algúns científicos predín que o primeiro humano que chegará a vvir mil anos xa naceu. Outros, sen chegar a afirmacións tan provocadoras, afirman que a maioría dos nenos e nenas nacidos actualmente chegarán soprar máis de cen velas. O certo é que ningunha outra dinámica social mostrou tal constancia na súa evolución a longo prazo como o fixo a lonxevidade. Nesta conferencia repasaremos algúns dos aspectos que forman parte do noso envellecemento como individuos e como sociedade. Farémonos, entre outras, preguntas como, cando comeza a vellez? Onde está o límite da vida humana? engadimos anos á vida? É reversible o envellecemento demográfico ou individual? Como condiciona a contorna a nosa forma de envellecer? Ou, que facer para acadar os 100 anos saudablemente?

 

“En busca de la fuente de la eterna juventud” – 11 de marzo – 19.00 horas

Manuel Collado.- Xefe do Laboratorio de Células Nai en Cáncer e Envellecemento, Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago de Compostela (IDIS-CHUS)

O desexo humano de frear o paso do tempo e manter o vigor da xuventude orixinou multitude de mitos e lendas. Hoxe temos evidencia científica de que existe unha base biolóxica que determina o envellecemento e que esta base é susceptible de manipulación, o que levou a moitos laboratorios de todo o mundo a investigar o proceso biolóxico do envellecemento e os mecanismos que subxacen ás enfermidades a el asociadas, coa esperanza de poder intervir de maneira terapéutica e paliar os efectos devastadores do paso do tempo. Nesta conferencia repasaremos o noso coñecemento actual sobre as causas do envellecemento e faremos unha aproximación crítica ás terapias que se están propoñendo.

 

Hora

(Martes) 19:00

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa