febreiro, 2020

18febTodo o Día26mar"A vivir que son 100 años"(Todo o Día) Evento tipo:Escena,Exposicións,Máis…

Máis

Detalles do Evento

Do 18 de febreiro ao 26 de marzo, en colaboración coa Fundación General CSIC, presentamos no Café Moderno Afundación de Pontevedra «A vivir que son 100 años», unha visión científica sobre a lonxevidade e o envellecemento saudable.

O aumento da esperanza de vida é unha das transformacións máis relevantes que experimentamos como sociedade. Durante o último século e medio gañamos 6 horas de vida por cada día que sobrevivimos. Que fai vivir á xente ata idades tan avanzadas: a xenética, os estilos de vida, as condicións sociais, os avances científicos? Que desafíos sociais se nos presentan e como se preparan as respostas a eles?

Para responder estas e outras preguntas, Afundación organiza visitas didácticas para todas as idades, onde teremos a posibilidad de reflexionar sobre que é o envellecemento, como a contorna condiciona a nosa forma de envellecer e como invertir nas nosas propias vidas para envellecer ben. Hábitos de vida saudables, conexión e empatía entre xeracións, aprendizaxe permanente, aspectos xenéticos, serán algúns dos temas a tratar.

Enmarcada dentro da exposición celebrarase un ciclo de conferencias, un ciclo de cine e unha xornada de portas abertas no Espazo +60.

Hora

Febreiro 18 (Martes) - Marzo 26 (Xoves)

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa