outubro, 2018

04out21:00MUNICIPAL"A leituga". PONTEATRO OUTONO 201821:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Eme2 emoción & arte presenta “A Leituga”, dentro do ciclo Ponteatro Outono 2018.

Cinco familiares reúnense na casa da irmá maior, Virxinia (Mercedes Castro) e o seu marido, Héctor (Antonio Durán Morris), para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma desde hai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai…

A Leituga aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún punto das nosas vidas: como actuaremos no momento en que os nosos pais se aproximen á morte?

Ponteatro botará a andar o 4 de outubro e inclúe seis obras: catro funcións, que se celebrarán en xoves e ás 21 horas e dous funcións, correspondentes aos Venres Golfos que levantarán o pano ás 23.59 horas.

As entradas para Ponteatro poderán adquirise de xeito anticipado en www.ticketea.com ou na billeteira central da Casa da Luz. O prezo por función é de 8 euros e menores, xubilados e parados, 4 euros máis gastos de tramitación. O abono para todas as funcións é de 36 euros. De non esgotarse as entradas poderanse comprar na billeteira do propio Principal dende unha hora antes de comezar a función.

Dossier PONTEATRO OUTONO 2018

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa