decembro, 2019

12dec20:00A editorial Chan da Pólvora presenta o libro 'Coas costas dobradas'20:00 Libraría Paz. Peregrina, 29. 36003 PontevedraEvento tipo:Máis…

Máis

Detalles do Evento

A editorial Chan da Pólvora presenta o libro ‘Coas costas dobradas’. Participarán no acto o poeta e autor do libro Pau Vadell Vallbona acompañado do escritor Xesús Constela.

Pau Vadell foi gañador con este libro do prestixioso premio Jocs Florals de Barcelona en 2017, que o confirmou como un dos nomes imprescindibles da nova poesía en catalá.

‘Coas costas dobradas’ agroma nos intersticios dunha realidade onde o desexo é o único código de comunicación posible. Escrito con paixón, co sangue a vibrar e a pel estremecida, este libro explora a experiencia dunha Mallorca xentrificada onde, con todo, aínda é posible admirar a beleza dun ceo estrelado en Calonge, o mar batendo contra os cons unha tarde de vento.

Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Libraría Paz

Libraría Paz. Peregrina, 29. 36003 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa