novembro, 2020

06novTodo o Día08Etiqueta Negra, Gourmet Galego e Innovación Inspiradora(Todo o Día) Recinto Feiral de Pontevedra. Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 PontevedraEvento tipo:Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

A quinta edición de Etiqueta Negra, Gourmet Galego e Innovación Inspiradora xa está en marcha, e con interesantes novidades.

A primeira delas son as datas e días de feira. Etiqueta Negra seguirá tendo tres días de duración, pero nesta ocasión celebrarase de venres a domingo.

As datas son: venres 6, sábado 7 e domingo 8 de novembro de 2020.

Este ano tamén mudan os horarios. Haberá dúas quendas, unha de mañá con horario de 11:00 a 14.30 e outra de tarde de 17.00 a 20.30 h.

Ademais, de forma temporal, a feira adáptase para ofrecer ao público unha experiencia gastronómica especial e segura. Esta é unha das grandes novidades desta quinta edición, da que ofreceremos todos os detalles en breve.

Etiqueta Negra 2020 celébrase con dous obxectivos principais:

  • Apoiar e axudar aos profesionais do sector a relanzar os seus negocios nestes momentos complicados derivados da expansión da Covid-19.
  • Continuar na difusión da excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos.

Unha feira segura

A feira abrirá as súas portas coas medidas necesarias para garantir a seguridade de todos os expositores, profesionais e público visitante. Para iso, contamos cun plan de seguridade específico que sigue as normas establecidas polas autoridades sanitarias. Entre outras medias implantarase o uso obrigatorio de máscara, realizarase un control do fluxo de visitantes con circuítos de entrada e saída, reforzarase a desinfección e a limpeza das zonas e ampliaranse e reordenaranse os espazos para garantir a distancia social.

Etiqueta Negra 2020

Etiqueta Negra está organizada polo Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Promoción Económica e Turismo, que dirixe Yoya Blanco. “Nesta edición especial imos redobrar esforzos para que sexa unha feira rendible para os expositores, atractiva para os visitantes e segura para todos”, asegura a concelleira socialista. Esa é a gran premisa para a edición deste 2020.

A comercialización dos espazos feriais xa está aberta. Coma sempre, prímase a singularidade, a orixinalidade e a maior calidade dos produtos fronte á cantidade de expositores.

Etiqueta Negra xa está quentando os fogóns para amosar a gran variedade de alimentos e bebidas de alta gama que se están a facer en Galicia, así como os procesos de innovación de produtos, sabores e envases.

+info. en https://etiquetanegragourmet.com

Hora

novembro 6 (Venres) - 8 (Domingo)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Recinto Feiral de Pontevedra. Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

X