decembro, 2019

20decTodo o Día03xanMUNICIPALPonte Xogos(Todo o Día) Evento tipo:Escena,Máis…,Municipal,Música,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Ponte Xogos transportará ás nenas e nenos ao Polo Norte durante as festas de Nadal cunha proposta de lecer que inclúe unha Carpa Iglú e unha tirolina con luz.

O programa da Concellería de Promoción Económica contempla, como principal novidade, foodtrucks e obradoiros itinerantes nos barrios de Monte Porreiro, Pontevedra Leste e O Burgo.

Un ilusionante calendario de actividades ambientado no Polo Norte, cunha Carpa Iglú de 450 metros cadrados na Praza de España, unha Tirolina Ártica de 150 metros con luces na Alameda e foodtrucks e obradoiros itinerantes nos barrios de Monte Porreiro, Pontevedra Leste e O Burgo. Esta é a atractiva proposta de lecer infantil que a Concellería de Promoción Económica, que dirixe a socialista Yoya Blanco, traerá a Pontevedra durante as festas de Nadal a través do programa municipal Ponte Xogos 2019.

A Carpa Iglú de 450 metros cadrados será inaugurada na Praza de España o día 20 de decembro ás 16:30 horas, permanecendo aberta ata o 3 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas (na xornada de clausura só estará aberta de mañá). Entre as actividades organizadas inclúese o Mini Glaciar, un espazo de interacción entre pais e nais e fill@s de 0 a 3 anos que conta cunha piscina de bolas (a Mini Laguna); e o Pobo Esquimal, composto por un iglú inchable de case cinco metros de diámetro e no que se desenvolverán os obradoiros para rapaces de entre 4 e 9 anos Estrela Polar, Os Animais do Ártico e Concienciación e Coidado da nosa Contorna.

No espazo Pesca Inuit, os pequenos de entre 3 e 12 anos poderán desfrutar da experiencia da verdadeira pesca esquimal en piscinas con peixes de cores, que terán que atrapar no xeo, así como participar en diferentes dinámicas de xogo. A Carpa Iglú contará ademais co Gran Iceberg, un tobogán xigante inchable de cinco metros de altura para nenos de 4 a 12 anos dende o que os participantes caerán nunha piscina de bolas; coa actividade Expedición Polar, na que a rapazada de entre 5 e 12 anos desenvolverá obradoiros sobre o Polo Norte e sobre como salvalo, levándose á casa un recordo de Ponte Xogos, e con dúas actuacións especiais no seu escenario: unha de Maxia e outra de Contacontos.

Tal e como sinala a concelleira de Promoción Económica, outro dos grandes atractivos do programa será a Tirolina Ártica de 150 metros destinada a rapaces de entre 5 e 14 anos (sempre e cando o arnés se axuste correctamente), que permanecerá aberta ao público entre o 20 de decembro e o 3 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.

Por vez primeira nos barrios

Na súa teima por levar as actividades organizadas dende Promoción Económica máis aló do centro urbano, Yoya Blanco decidiu estender este ano Ponte Xogos a diferentes barrios da cidade durante as fins de semana. Así, o programa de lecer infantil trasladarase o sábado 21 de decembro, entre as 16:00 e as 20:00 horas, á zona de Pontevedra Leste: os obradoiros e foodtrucks instalaranse na pasarela da rúa 12 de Novembro no caso de que o tempo acompañe e no Centro Sociocultural no caso de choiva.

“O sábado 28 de decembro, levaranse as actividades ao barrio de Monte Porreiro, tamén en horario de 16:00 a 20:00 horas. Se chove faranse no Centro Sociocultural (fronte ao IES Luís Seoane) e se fai bo tempo, no exterior. Esa mesma fin de semana, o domingo 29, Ponte Xogos estará presente no Burgo, nese mesmo horario, ben na Praza de Pasarón, ben no Centro Sociocultural de Lérez”, apunta Yoya Blanco.

A socialista avanza que a oferta para os barrios abrangue unha foodtruck de Nadal con obradoiros de elaboración de galletas “que poderán levar a casa e regalar a toda a familia”. A Concellería de Promoción Económica instalará unha carpa itinerante de 48 metros cadrados para que as familias poidan desfrutar das actividades de lecer.

Dado que, ademais de contaxiar á cidadanía a maxia do Nadal, Ponte Xogos tamén ten por obxectivo axudar a potenciar e dinamizar as ventas no comercio local, Yoya Blanco lembra que a entrada ás actividades será de balde, “sempre e cando exhibamos tickets de compra de establecementos pontevedreses”.

CARTAZ PONTE XOGOS

PROGRAMA FLYER PONTE XOGOS

 

Hora

Decembro 20 (Venres) - Xaneiro 3 (Venres)

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa