xullo, 2018

17xulTodo o DíaMUNICIPAL26 Festival Internacional de Jazz & Blues - Nomads(Todo o Día: martes) Praza do Teucro. 36002 PontevedraEvento tipo:Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

26 Festival Internacional de Jazz & Blues – Nomads.

Martes, 17 de xullo. Praza do Teucro. 22.30 h. Entrada de balde.

Formada ex professo para este festival, Nomads é unha banda que reúne a grandes artistas das dúas beiras do Atlántico. Por un lado o gran vibrafonista norteamericano Joel Ross, que pese a contar con apenas 23 anos está chamado a ser unha das grandes voces do jazz en breve. Tamén dende a outra beira do Atlántico, pero neste caso dende Cuba, á trompeta Jorge Vistel.

Como non podería ser doutro xeito, os músicos desta beira do Atlántico son galegos. Xan Campos ao rhodes, Paco Charlín ao contrabaixo e a baterista Naima Acuña completan esta banda que deixará en Pontevedra un concerto único.

Formación:
Joel Ross: vibráfono
Jorge Vistel: trompeta
Xan Campos: rhodes
Paco Charlín: contrabaixo
Naima Acuña: batería

+info. en jazzpontevedra.com

Consulta o programa completo das Festas do Verán 2018

 

Hora

Todo o Día (Martes)

Localización

Praza do Teucro

Praza do Teucro. 36002 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa