xullo, 2018

19xulTodo o DíaMUNICIPAL26 Festival Internacional de Jazz & Blues - Abe Rábade Trío(Todo o Día: xoves) Praza da FerraríaEvento tipo:Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

26 Festival Internacional de Jazz & Blues – Abe Rábade Trío.

Xoves, 19 de xullo. Praza da Ferraría. 22.30 h. Entrada de balde.

O Abe Rábade Trío fundouse en Boston en 1996. Doravante é o novo álbum da formación, editado por Karonte. Estilisticamente practican un rico eclecticismo onde se pode atopar a pegada da música tradicional de Galiza, o jazz máis ortodoxo, chiscadelas ao R&B, a experimentación máis arriscada, a influencia da música clásica… A discografía do grupo acumula títulos como “Babel de Sons”, “Simetrías”, “Playing on Light”, “Zigurat”, “A Modo”, “Versons”, “Tránsitos” (Trío & Orquestra Sinfónica) e “Once”. A banda tocou en países como Marrocos, Alemaña, Brasil, Costa Rica, Chile, México, Guatemala ou O Salvador.

FORMACIÓN:
Abe Rábade: piano
André Rosinha: contrabaixo
Bruno Pedroso: batería

+info. en jazzpontevedra.com

Consulta o programa completo das Festas do Verán 2018

 

Hora

Todo o Día (Xoves)

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa