outubro, 2017

18out20:00MUNICIPALEstrea da webserie “Generación WIFI”20:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Estrea da webserie “Generación WIFI”, escrita e dirixida por Julia Castro.

Cada capítulo da serie online é un mandamento actualizado que trata sobre o uso e adicción ao móbil ou a unha aplicación da internet.

Este proxecto comeza a súa primeira tempada con 3 episodios para analizar a resposta do público ante as tramas e personaxes. O primeiro mandamento titúlase “Amarás ao teu cargador sobre todas as cousas” e céntrase na adicción ao Whatsapp; o segundo, “Non tomarás o selfie en balde”, tratando sobre as consecuencias da información que circula nas redes sociais; e o terceiro, “Santificarás o medio dixital”, unha crítica cara á precariedade dos medios dixitais e os contidos que se difunden.

Nas tramas aparecerán personaxes con discapacidade que nos axudarán a reflexionar sobre o mundo en que vivimos, achegando unha visión positiva ante a obsesión que xeran as novas tecnoloxías. Nese punto radica un alicerce fundamental da webserie, destacar a importancia da inclusión social das persoas con algunha discapacidade, por iso, nas tramas actúan persoas con Síndrome de Down, persoas xordas ou se mostran personaxes con cegueira. Para poder levar a cabo o proxecto, colaboraron connosco entidades como a ONCE, Down Pontevedra, IDendeaf e Entresignos.

A maiores, este proxecto conta coa colaboración da Universidade de Vigo: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación en Pontevedra, o Mercado de Abastos e a Filme Comission. En canto colaboradores e patrocinadores, apoiáronnos negocios locais de Pontevedra e establecementos de fóra da cidade. En canto ao equipo artístico, contamos coa presenza de Xúlio Abonjo, Miro Magariños, Bea Campos e Arantxa Treus, así como actores e extras que foron seleccionados no casting.

Entrada de balde ata completar cabida.

+info. en facebook.com/Wifigeneracion

 

Hora

(Mércores) 20:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa