agosto, 2017

03agoTodo o Día17set"Novos Valores 2017. Obra seleccionada"(Todo o Día) Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra. Entrada polo Sexto Edificio. Rúa Padre Amoedo Carballo, 3 PontevedraEvento tipo:Exposicións

Máis

Detalles do Evento

Ademais das catro obras premiadas coa bolsa para estudos artísticos, na exposición “Novos Valores 2017. Obra seleccionada”, que se exhibe no claustro superior do edificio Sarmiento desde o 3 de agosto ata o 17 de setembro, tamén se poderán ver as 33 obras seleccionadas polo xurado do certame entre os 101 novos artistas que presentaron as súas creacións en soportes e disciplinas variadas.

As bolsas para ampliación de estudos artísticos coas que está dotado o certame recaeron en catro obras de diversos artistas: a obra titulada “Balcones” (serie) é unha escultura realizada en madeira de balsa por Yolanda Ríos Coello, de Bueu. O xurado tamén elixiu a obra titulada “Espacios definidos”, unha peza que mestura debuxo e fotografía de María de la Luz Feijóo Cid, de Baiona; a fotografía “Crebas de ti, eu”, unha obra dixital en cor de Aitor Víctor Fernández Marcos, de Ourense e, por último, o debuxo que leva o título de “A Viaxe” corresponde a Borja Guerrero Parapar, de Pontevedra.

Horarios: de martes a sábado, de 10a 21 h. Domingos e festivos, de 11 a 14 h. Luns pechado.

+info. en “Novos Valores 2017. Obra seleccionada”

 

Hora

Agosto 3 (Xoves) - Setembro 17 (Domingo)

Localización

Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra

Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra. Entrada polo Sexto Edificio. Rúa Padre Amoedo Carballo, 3 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa