Detalles do Evento
Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Bos Aires, 1950) constitúe o foco desta mostra que reúne
Detalles do Evento
Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Bos Aires, 1950) constitúe o foco desta mostra que reúne unha ampla selección das múltiples facetas desenvolvidas por el. A intención deste proxecto é divulgativa, amosando a obra e o pensamento dun dos creadores galegos máis singulares, en países dos cinco continentes.
Do 24 de setembro ao 23 de xaneiro de 2021, goza da exposición nun dos edificios históricos de Pontevedra, o Café Moderno Afundación, onde o político e artista desenvolveu moitas das súas famosas tertulias canda figuras do talle de Alexandre Bóveda ou Paz Andrade.
Horario:
- Luns a venres de 17.30 a 20:30 h.
- Sábados de 11:0 a 14.00 h. e de 17:30 a 20.30 h.
- Domingos e festivos pechado.
Visitas guiadas inaugurais a cargo do comisario Miguel Fernández-Cid, o 24 de setembro, ás 18.00 e ás 19.30 h (COMPLETA). Asistencia gratuita previa inscrición aquí.
Visitas guiadas o 1 de outubro, 5 de novembro, 3 de decembro e 7 de xaneiro, ás 18.00 e 19.30 h. Asistencia gratuita previa inscrición aquí.
Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e a cultura como o fixeches sempre.
Esta exposición, producida en colaboración coa Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia, sae á luz neste 2020 en el que se celebra o Centenario da Xeración Nós. O colectivo galeguista impulsou a partir de 1920 unha nova forma de analizar e exhibir a nosa cultura a través de modelos universalistas, renovando a estética ideolóxica e actualizando o uso da lingua en novos campos literarios coma o ensaio. Castelao, canda Otero Pedrayo, López Cuevillas e Vicente Risco foron os impulsores deste movemento renovador.
A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA. Así e todo, no Café Moderno Afundación poderanse ver 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, poderase ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.
ESCOLARES
A historia con debuxos cóntase mellor. Visita-conto con obradoiro. Educación Infantil a 3º de Primaria
Pluma, papel, creatividade. Visita taller. 4º de primaria a 2º de ESO
Castelao Grafista. Visita taller. 3º e 4º de ESO, bacharelato e CF
MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID
-Asistencia obrigada con máscara
-Control da capacidade
-Itinerarios e percorridos marcados para fluidez de público
-Xel hidroalcólico en múltiples puntos dos edificios e salas
-Desinfección rigorosa de espazos
-Substitución de elementos táctiles e de man (pantalla, interactivos, folletos) por outros elementos audiovisuais que non requiren de contacto físico
-Supervisión en sala por parte de persoal para o cumprimento da distancia de seguridade
Máis
Hora
Setembro 24 (Xoves) - Xaneiro 23 (Sábado)
Localización
Café Moderno Afundación
Café Moderno Afundación. Praza San Xosé, 3. 36001 Pontevedra
Detalles do Evento
O Cineclube Pontevedra comeza o 2021 cun pequeno ciclo dedicado ao francés Jean Renoir (1894-1979), actor, guionista e director fundamental para a Historia do Cinema, e un dos referentes básicos para o posterior
Detalles do Evento
O Cineclube Pontevedra comeza o 2021 cun pequeno ciclo dedicado ao francés Jean Renoir (1894-1979), actor, guionista e director fundamental para a Historia do Cinema, e un dos referentes básicos para o posterior desenvolvemento da Nouvelle Vague. Proxectaranse tres das súas obras mestras incontestables dos anos 30, época que tende a enmarcarse no que se deu en chamar naturalismo poético e que está fondamente atravesada pola convulsa situación que viven Francia e Europa antes do estalido da II Guerra Mundial.
O adianto do toque de queda ás 22:00 h. anunciado pola Xunta de Galicia obriga a modificar os horarios das proxeccións de xaneiro, que terán que comezar unha hora antes: ás 19:30 h.
A billeteira do Principal abrirá tamén unha hora antes da proxección, dende as 18:30 h, para recoller as entradas ás sesións.
As sesións de cineclube son de balde para as socias anuais e trimestrais, e teñen un custe de tres euros para as demais.
Irémonos anunciando con antelación calquera modificación derivada da situación sanitaria. A cultura é segura. Cultura ou barbarie.
PROGRAMACIÓN XANEIRO
MARTES 12 | 20:30 | TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA
TONI [Jean Renoir, 1935, Francia, 82 min., VOSE]
Lingua orixinal: francés.
Toni é un obreiro italiano que chega á zona de Martigues, no sur de Francia, para traballar nunha canteira. Alí instálase na pensión de Marie, con quen inicia unha relación amorosa. Toni, non obstante, namorará logo de Josefa, unha inmigrante española que ao tempo é obxecto de desexo do seu capataz. Catro destinos cruzados que van colisionar violenta e dramaticamente.
Inspirándose nun feito real, Renoir achégase en Toni a un ton case documental. A utilización de actrices e actores non profesionais, o son directo, a rodaxe en escenarios reais ou o ton social do seu contido levaron a que boa parte da crítica especializada etiquetase o filme coma precursor do neorrealismo italiano.
MARTES 19 | 19:30 | TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA
A GRANDE ILUSIÓN [Jean Renoir, 1937, Francia, 114 min., VOSE]
Lingua orixinal: francés, alemán, inglés, ruso.
Primeira Guerra Mundial (1914-1918). O avión en que viaxan o capitán Boëldieu e mailo alférez Maréchal é derrubado polos alemáns e ámbolos son encarcerados. No barracón do campo de Hallsbach onde están recluídos, deben convivir cun variopinto grupo de compatriotas que, máis aló das diferenzas de clase que existen entre eles, únense para escavar un túnel que posibilite a súa fuxida.
Drama bélico cun marcado carácter antibelicista, A grande ilusión foi recibida con entusiasmo polo público mais prohibida nos países onde se instauraran reximes fascistas. Foi presentado no Festival de Venecia e censurado por Mussolini e por Goebbels, quen calificou a Renoir coma inimigo cinematográfico número 1.
MARTES 26 | 19:30 | TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA
A REGRA DO XOGO [Jean Renoir, 1939, Francia, 113 min., VOSE]
Lingua orixinal: francés.
Un adiñeirado aristócrata decide abandonar a súa amante para conservar o amor da súa esposa, cortexada ao tempo polo seu confidente e mais por un aviador. No transcurso dunha cacería de fin de semana en Solange, as intrigas amorosas de patróns e servintes mestúranse até desembocar en traxedia.
Renoir asina con A regra do xogo un estudo sobre os hábitos da burguesía ás portas da II Guerra Mundial, unha comedia de modais que agocha unha aceda crítica á alta sociedade francesa. Obra mestra duramente prohibida polo Goberno francés por considerar que atacaba frontalmente os principios morais do país. «O credo dos amantes do cinema, o filme dos filmes», dicía dela Truffaut.
+info. en facebook.com/cineclubepontevedra
Máis
Hora
12 (Martes) 20:30 - 26 (Martes) 20:30
Localización
Teatro Principal de Pontevedra
Teatro Principal de Pontevedra. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6
Detalles do Evento
A 22ª edición do Festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal, terá lugar todos os domingos comprendidos entre o 17 de xaneiro e o 21 de marzo,
Detalles do Evento
A 22ª edición do Festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal, terá lugar todos os domingos comprendidos entre o 17 de xaneiro e o 21 de marzo, con dobre pase ás 12:00 e 18:30h. no Teatro Principal de Pontevedra.
Os últimos 3 coincidirán coas datas de celebración do Salón do Libro e estarán relacionados coa súa temática: cambio climático, ecoloxismo, Efecto PO2.
Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo único de 4,00 € por pase. De non esgotarse as entradas na venda anticipada, a billeteira do Teatro Principal abrirá de 10:00 a 11:00 h. na sesión matinal, e de 16:30 a 17:30 h. na da tarde.
Por favor, achégate ao teatro con antelación (30 min) para evitar aglomeracións e acceder as túas localidades con seguridade. Butacas numeradas.
PROGRAMA
DOM 17 XAN | 12:00 e 18:30 h
ÚNIKO
Teatro Paraiso (Araba)
Paul é fillo único e o rei da súa casa. O nacemento da súa irmá Irati provocara que un medo íntimo a deixar de ser querido se apodere del ameazando a estabilidade familiar.
Misturando as técnicas do títere e do teatro máis realista presentamos o desacougante tema dos ciumes, mirando de frente en toda a súa crueza, aínda que sen perder nunca o sentido do humor.
Premio FETEN 2020 á mellor interpretación, Maite Bayón
- Teatro de actor / títeres
- Duración: 67 minutos.
- Recomendado a partir de 6 anos
DOM 24 XAN | 12:00 e 18:30 h
A DANZA DA CHOIVA
Elefante Elegante (Galiza)
Que acontecería se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón par sempre?.
Esta é a pregunta que coloca a danza da choiva, un espectáculo sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza a manipulación de obxectos e os monicreques. A Danza da choiva trata un tema serio a través dunha posta en escena poética e visual.
Premio María Casares 2017 ao mellor espectáculo infantil
- Técnica mixta
- Duración: 50 minutos
- Recomendado a partir de 3 anos
DOM 31 XAN | 12:00 e 18:30 h.
RIQUETE EL DEL COPETE
Higiénico papel Teatro (Xixón, Asturies)
Un príncipe moi feo e moi listo cun “copete” de pelo na cabeza: Riquete el del copete.
Unha princesa moi fea e moi lista. Outra princesa moi guapa e moi tonta. Riquete namorase dunha delas.
Que pasará coa guapa?
Que pasará coa fea?
Unha versión peculiar do conto clásico de Charles Perrault.
- Teatro de actor. Comedia
- Duración: 55 minutos
- Recomendado a partir de 5 anos
DOM 7 FEB | 12:00 e 18:30 h
CONTACREQUES
Emedous (Galiza)
Un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado baseado nos contos clásicos O Reise-ñor, Garavanciño e O Zapateiro e os trasnos.
Garavanciño: As peripecis dun minúsculo personaxe nun mundo de «xigantes».
O Resiseñor: Na remota China, O canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador.
O Zapateiro e os trasnos: A maxia dun Zapatrasno que é quen de transformar a realidade.
Nos transporta a un mundo con voces de contadores de historias e corpos de monicreques.
- Monicreques
- Duración: 45 minutos
- Recomendado a partir de 3 anos
DOM 14 FEB | 12:00 e 18:30 h
CARTÓONS
Excéntricas e Teatro do Adro (Galiza)
Dous pallasos moran á marxe. Á marxe de todo. Arrodeados de cartóns, nun mundo de cartóns que a xente tira porque non serven para nada. Quen dixo que non servían para nada? Con eses cartóns construirán cousas e mais cousas. Con eses cartóns construirán todas as historias que nos contan.
- Clown e musical.
- Duración: 50 minutos
- Recomendado partir de 4 anos.
DOM 21 FEB | 12:00 e 18:30 h
HANSEL Y GRETEL
Borobil teatroa (Guipuzcoa)
Versión libre da historia de Hansel e Gretel.
Hai tempo alguén roubou todos os libros de cociña do mundo. Agora a xente só come hamburguesas nas Amonioburguers.
Juan Mari é un famoso cociñeiro. Desde que desapareceu o seu libro de recetas perdeu os clientes, está a punto da ruina e o banco ameázao con pecharlle o restaurante. Os fillos Hansel e Gretel deciden ir falar co banco, pero para iso terán que pasar polo bosque e a lenda di que no bosque hai unha árbore que da mazás de caramelo. O que probe esas mazás non voltará á casa…
- Teatro actoral e movemento
- Duración: 50 minutos
- Recomendado a partir de 6 anos
DOM 28 FEB | 12:00 e 18:30 h
ITALINO GRAND HOTEL
Cia La Tal (Barcelona)
Quen lava os milleiros de sabas e toallas dos hoteis?
No último soto do Italino Grand Hotel está a lavandaría. Alí, un personaxe solitario lava, pasa o ferro e perfuma a roupa. Vive só, soña entre as sabas e agacha a soedade conversando coas máquinas e xogando até coa súa propia sombra. Pero undía namórase.
- Teatro de actor, clown
- Duración: 55 minutos
- Recomendado a partir de 4 anos
DOM 7 MAR | 12:00 e 18:30 h
JOJO
Borja Ytuquepintas (Barcelona)
JOJO, é o nome do primeiro orangután que foi rescatado do seu cativerio e que significou o inicio do proxecto Animal Rescue, unha organización Non Gubernamental que loita por salvar animais en catividade e rehabilitalos no seu medio natural.
O espectáculo conta a historia de Jojo. Actualmente Jojo aínda vive e é un gran orangután macho.
Unha fermosa proposta escénica de poesía visual sen texto usando a area e manipulación de títeres con música en directo.
- Teatro visual, arte con area e monicreques e música en directo
- Duración: 55 minutos
- Recomendado a partir de 7 anos
DOM 14 MAR | 12:00 e 18:30 h
Semente – O homem que plantava árvores
Ajidanha (Portugal)
Baseado nunha historia real.
“O Homem Que Plantava Árvores” é unha historia inesquecíbel sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo. Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do sítio onde vive un lugar especial.. É unha historia admirabel que nos mostra como un home humilde e insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e usando só os seus propios medios, consegue reforestar só unha das rexións mais inospitas e áridas de Francia.
A partir de “O Homem Que Plantava Árvores” de Jean Giono.
- Teatro de actor
- Duración: 45 minutos
- Recomendado a partir de 8 anos
DOM 21 MAR | 12:00 e 18:30 h
Crusoe
Compañía Markeliñe (Bizkaia)
Crusoe, nunha illa só. Nunha illa con sabor a mar abandonado, vai vendo a vida pasar e así aprenderá a vivir e a relacionarse co seu entorno, e a coidalo, dentro da súa soedade.
Unha metáfora da vida cun toque de poesía visual, música en directo e humor.
Premio FETEN 2020 á mellor música
- Teatro de actor con música en directo
- Duración: 55 minutos
- Recomendado a partir de 5 anos
Máis
Hora
Xaneiro 17 (Domingo) 12:00 - Marzo 21 (Domingo) 18:30
Localización
Teatro Principal
Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6
Detalles do Evento
Os 3 espectáculos escollidos a través da Rede Galega de Teatro en colaboración coa AGADIC, terán lugar o 25 de febreiro, 11 de marzo e 20 de maio no Teatro
Detalles do Evento
Os 3 espectáculos escollidos a través da Rede Galega de Teatro en colaboración coa AGADIC, terán lugar o 25 de febreiro, 11 de marzo e 20 de maio no Teatro Principal de Pontevedra ás 21:00 h. Os mesmos completarán a programación dos Domingos do Principal e Salón do Libro, así como a musical que se presentará máis adiante.
A nova edición do ciclo Ponteatro, normalmente celebrado durante o 2º semestre, comezará o 25 de febreiro cunha estrea, “Comando comadres” de Matrioshka Teatro, escrita pola polifacética e recentemente recoñecida co premio María Victoria Moreno, Lorena Conde. Unha peza en clave de humor que convida á reflexionar sobre o patriarcado.
Seguirá o 11 de marzo, con temática feminista tamén porque nunca é abondo nestes tempos pero resulta tamén acaído pola data con “Feminíssimas” de De Ste Xeito Producións, de Esther F. Carrodeguas. Unha comedia negra chea de risas pero tamén de reflexión”.
O terceiro, e último dos espectáculos terá lugar o 20 de maio con “O mozo da última fila” de Redrum Teatro e unha adaptación feita polo tamén director, Alex Sampayo, do texto de Juan Mayorga, representado en todo o mundo e sempre de xeito exitoso. Redrum é unha garantía do resultado e vai ser do agrado do público”.
As tres funcións levaranse a cabo segundo os aforos vixentes, de 98 persoas no Teatro Principal, para cumprir coas normas.
Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo único de 8,00 € (4,00 € para Carné Xove, desempregados/as e maiores de 65 anos) e de non esgotarse na billeteira física de 19:00 a 20:00 h. Por mor do protocolo COVID a billeteira ten que pechar unha ahora antes do inicio do espectáculo.
PROGRAMACIÓN PONTEATRO 2021
Xoves 25 de febreiro
“Comando comadres” de Matrioshka Teatro
Unha das primeiras representacións desta peza, representarase por primeira vez a semana anterior na Estrada, escrita pola polifacética Lorena Conde, que recentemente gañou o premio María Victoria Moreno e dirixida por Gena Baamonde conta no seu elenco con Chelo Rejo, Anabel Gago e a propia Lorena Conde.
Un espectáculo en clave de humor para público adolescente e adulto no que un grupo de artivistas organizadas en diferentes comandos poñen en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal e cuestionan a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual e na xestión dexenerativa dos recursos naturais.
A peza está composta por cinco comandos de temáticas diferentes;
COMANDO MEIGAS céntrase na demonización das mulleres que non encaixamos no modelo patriarcal.
COMANDO SIÑAS fálanos da invisibilización das mulleres de certa idade que xa non cumprimos as expectativas reprodutivas do patriarcado.
COMANDO SACHO afiánzase na sabedoría e na fortaleza das mulleres lonxe dos estereotipos de seres débiles ou vítimas.
COMANDO RETRANCA expón con humor as falacias que durante séculos se teñen dito das mulleres.
COMANDO CATAPLASMA reivindica o saber ancestral das mulleres en conexión coa terra e os ecosistemas saudables, o coñecemento e uso das plantas e os procesos de acompañamento e coidados.
Xoves 11 de marzo
“Feminíssimas” de De Ste Xeito Producións
Esta peza de Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xabier Castiñeira conta no seu elenco con Stephy Llaryora (Ruka), Esther F. Carrodeguas (Gabi) e Noelia Blanco (Bea).
Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.
Esta é a base de Feminíssimas, unha peza con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.
Unha maneira –tamén- de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria.
Un espazo –ademáis- para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.
En resumo: unha comedia negra… moi violeta.
Xoves 20 de maio
“O mozo da última fila” de Redrum Teatro
Unha adaptación da obra de Juan Mayorga levada a cabo por Álex Sampayo, que tamén dirixe. Moi exitosa no seu percorrido pese á pandemia, conta no seu elenco co pontevedrés Guillermo Carbajo e Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado, Rúben Porto.
Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que
Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.
Desde a súa estrea en 2006, “O mozo da última fila” leva 26 producións por todo o mundo e foi adaptada ao cinema por François Ozon, con guión do propio Mayorga e co título “Dans la maison”, Concha de Ouro no Festival de San Sebastián en 2012. A obra foi escollida en 2018 dentro do plan de fomento á lectura en varios institutos de secundaria.
Máis
Hora
Febreiro 25 (Xoves) 21:00 - Maio 20 (Xoves) 21:00
Localización
Teatro Principal
Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6