maio, 2017

18mai21:00"Música actual galega II"- Asociación Galega de Compositores21:00 Teatro Principal de Pontevedra. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

O concerto está enmarcado no ciclo XXI da AGC ( Asociación Galega de Compositores) baixo o título de «Música actual galega II».

A AGC ten como obxectivo defender os intereses grupais dos compositores galegos ou residentes en Galicia e aqueles aspectos da nosa cultura musical que repercutan no desenvolvemento da súa traxectoria, así como manter na memoria dos compositores históricos de Galicia de quen son continuadores.

Nesta ocasión vanse a interpretar estreas absolutas dos compositores: Octavio Vázquez, Jesús González, Gloria Rodríguez Gil, Paulino Pereiro e Xabier Comesanha. Concretamente serán 10 obras de estrea para distintas formacións camerísticas: Frauta e piano, Clarinete e piano, Óboe e pinao, Fagot e piano.

A interpretación estará a cargo do Quinteto de ventos «InVento», grupo de cámara formado por músicos profesionais que compartiron experiencias na EAEM de Galicia e a Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia. Teñen soado en espazos como o Pazo da Ópera da Coruña, auditorio de Galicia, Teatro Principal de Pontevedra, Catedral de Tui, Liceo de Ourense, etc.

Os intérpretes son: Patricia González – Frauta, Carolina Rodríguez – Óboe, Emilio alonso – Clarinete, Óscar Magán – Fagot, Álvaro Balnco – piano.

Entrada de balde ata completar cabida.

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Teatro Principal de Pontevedra. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X