maio, 2019

19mai(mai 19)00:0031ago(ago 31)00:00MUNICIPAL"Ponteverán". Lecer e Tempo libre para o verán(maio 19) 00:00 - (agosto 31) 00:00 Evento tipo:Cursos,Máis…,Municipal,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Nova edición do programa de lecer para a mocidade do Concello de Pontevedra, «Ponteverán».

Plantexado baixo as temáticas de natureza, xogos, tecnoloxía e formación, ofertará 450 prazas (70 delas a través de Servizos Sociais) que, segundo a actividade, irán destinadas a público mozo de entre 8 e 35 anos do Concello de Pontevedra.

Existirán listas de agarda para interesados/as doutros concellos e idades para cubrir, no caso, as prazas vacantes.

Por primeira vez, todas serán de balde polo que “se require un compromiso de asistencia e que quen se matricule, asista finalmente ao obradoiro”.

Entre outras novidades do programa, están os roteiros polo Almofrei, o roteiro para ver abelaíñas, o Escape Room e a Xornada de Orientación Deportiva ou o Campamento Music-Lab.

Segundo a data de celebración da actividade, o prazo de solicitude da mesma abrirase o 1 de xuño, o 1 de xullo ou o 1 de agosto en http://apuntate.pontevedra.gal e haberá listas de agarda destinadas público interesados doutros concellos ou fóra do grupo de idade ao que vai destinada orixinariamente a actividade.

Descarga o programa de PONTEVERÁN

Inscríbete aquí

 

Hora

Maio 19 (Domingo) 00:00 - Agosto 31 (Sábado) 00:00

X