abril, 2017

07abrallday09alldayMUNICIPALPONTEPOÉTICA 7. FESTIVAL INTERNACIONAL DE POESÍA DE PONTEVEDRA(Todo o Día) Cidade de PontevedraEvento tipo:Escena,Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Programa da sétima edición de PontePoética, o Festival Internacional de Poesía de Pontevedra, que este ano se celebrará no Teatro Principal (rúa de Paio Gómez Chariño, 6), Ruínas de San Domingos (Paseo de Montero Ríos, 1) e no Pub El Pequeño (Paseo de Montero Ríos, 1).

VENRES 7 DE ABRIL

Pola mañá. Encontro poético con alumnado do IES A Xunqueira I, IES A Xunqueira II e IES Torrente Ballester.

17:30 h. Ruínas de San Domingos*. Inauguración de PontePoética 7 e recital dos/das poetas: Andrés Neuman, Berta Dávila, Grażyna Wojcieszko e Antón Lopo.

19:00 h. Ruínas de San Domingos*. Recital dos/das poetas Mireia Calafell, Cesáreo Sánchez e Sjón.

22:30 h. Pub El Pequeño. “Texturas”. Espectáculo poético a cargo de Mireia Calafell.

SÁBADO 8 DE ABRIL

12:30 h. Teatro Principal de Pontevedra. Obradoiro de Narrativa con Andrés Neuman.

17:30 h. Teatro Principal. Recital dos/das poetas: João Luís Barreto Guimarães, Ana Romaní e Bernardo Atxaga.

19 h. Teatro Principal. Recital de clausura do festival presentado por Yolanda Castaño e con todos os e as poetas participantes: Berta Dávila, João Luís Barreto Guimarães, Grażyna Wojcieszko, Cesáreo Sánchez, Mireia Calafell, Andrés Neuman, Antón Lopo, Sjón, Ana Romaní e Bernardo Atxaga.

DOMINGO 9 DE ABRIL

11:00 h. Teatro Principal. Obradoiro de Poesía con Bernardo Atxaga.


* En caso de choiva, trasladarase ao Teatro Principal de Pontevedra.

**As persoas interesadas poden inscribirse nos obradoiros de Narrativa e Poesía a través do correo electrónico cfuentesmoledo@yahoo.es ou do teléfono 669428188, ata o xoves 6 de abril, indicando o/os obradoiro/os da súa preferencia.


Promove: Concello de Pontevedra
Colaboran: Ateneo de Pontevedra e Museo de Pontevedra
Dirección do festival: Yolanda Castaño

Hora

abril 7 (Venres) - 9 (Domingo)

Localización

Cidade de Pontevedra

Cidade de Pontevedra

X