xullo, 2019

20xulTodo o Día21outMUNICIPALOs vermús de Pinto e Maragota(Todo o Día) Evento tipo:Escena,Máis…,Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

Espazos como a praza de Méndez Núñez, a praza da Verdura, o Campiño de Santa
María e o espazo gastronómico do Mercado, acollerán os catro vermús do programa
municipal ‘Pinto e Maragota‘ para visiblizar e concienciar á cidadanía sobre a diversidade
sexual.

A iniciativa realízase en colaboración coa hostalería da cidade, que ofrecerá os días das
actividades prezos especiais nos vermús e terá lugar nos penúltimos sábados dos meses
de xullo, agosto, setembro e outubro en horario de mañá.

Na xornada do 20 de xullo, e baixo o título ‘Entrenanas e cascallos’, o vermú inclúe un
espectáculo de danza contemporánea executado por Xiana Vilas e Isabel Sánchez e unha
sesión de música a cargo do DJ pontevedrés, Moreno Moreno. Terá lugar na praza de
Méndez Núñez entre as 12:30 e as 15h.

O 24 agosto está previsto que chegue a proposta de performance drag á praza da
Verdura. Esta sesión corre a cargo do colectivo pontevedrés “Marikas por la fiesta”.
Contará tamén coas actuacións de Niko Elsker e Nosolojavi.

A poesía chegará o 21 de setembro ao Campiño de Santa María da man do poeta e
narrador Daniel Asorey, que recitará poemas incluídos na súa obra TransMatria en diálogo
coas cancións que interpretará a cantante Sanny.

A última sesión será o 19 outubro e consistirá nun faladorio sobre a vida trans en
Pontevedra, en colaboración co colectivo LGTB Avante Pontevedra. Prevese a
participación de Ada Otero, Brais Papiri, Nee Barros e Magnolioo e abordarase o día a día
de persoas trans e non binarias na cidade. Será no novo Espazo gastronómico do
Mercado, na Rúa Serra a partir das 12,30 h.

FLYER VERMÚS PINTO E MARAGOTA

+info. en pintoemaragota.gal

 

 

Hora

Xullo 20 (Sábado) - Outubro 21 (Luns)

X