-
Casa da Luz
- Casa da Luz. Praza de Verdura, s/n. 36002 Pontevedra
-
Concello de Pontevedra
- Concello de Pontevedra
-
Concello de Pontevedra
- Concello de Pontevedra
-
Paseo Antonio Odriozola
- Paseo Antonio Odriozola. 36002 Pontevedra
-
Pazo da Cultura
- Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra
Detalles do Evento
Visitas guiadas do programa Ven coñecer o Museo, unha invitación a descubrir a historia e as coleccións do Museo de Pontevedra. A participación en calquera delas é gratuíta. A Ruta do Museo Ruta
Máis
Detalles do Evento
Visitas guiadas do programa Ven coñecer o Museo, unha invitación a descubrir a historia e as coleccións do Museo de Pontevedra.
A participación en calquera delas é gratuíta.
A Ruta do Museo
Ruta guiada na que se pretende unha aproximación á historia dos seis edificios que compoñen o Museo de Pontevedra e ás principais coleccións que custodia.
Tódolos sábados ás 11:30 h. Punto de encontro: Ruínas de San Domingos. Duración: 90 minutos.
Para participar é necesaria a inscrición previa a través da dirección de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es, ou ben chamando ó teléfono 986 804 100 extensión 42413.
O horario de atención de chamadas e de correos é de luns a venres de 08:30 a 14:30 h.
Achégate ó Sexto!
Visita guiada polo Sexto Edificio do Museo como unha primeira toma de contacto coa súa arquitectura e as súas coleccións.
Domingos ás 11:30 h. Punto de encontro: Sexto Edificio. Duración: 90 minutos. (Non é necesaria a inscrición previa).
Visitas ás Ruínas de San Domingos
As Ruínas de San Domingos forman parte do edificio máis antigo do conxunto do Mu-seo de Pontevedra e volven estar abertas ao público tras máis de tres anos pechadas por obras de consolidación. Consérvanse a cabeceira de cinco ábsidas e parte do muro sur da igrexa, así como a entrada ao capítulo do convento fundado arredor de 1282.
Visitas guiadas, de martes a venres non festivos, ás 12 e ás 17:30 h.; sábados, ás 17:30 h.; domingos e festivos, ás 12 h. Non é necesaria a inscrición previa.
+info. en museo.depo.es
Hora
Outubro 7 (Sábado) 00:00 - Xuño 30 (Sábado) 00:00
Detalles do Evento
Bota a andar na Casa da Luz o servizo de venda física de billetes para os espectáculos do Pazo e o Teatro Principal. Hai unhas semanas a concelleira de Cultura, Carme
Máis
Detalles do Evento
Bota a andar na Casa da Luz o servizo de venda física de billetes para os espectáculos do Pazo e o Teatro Principal.
Hai unhas semanas a concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentaba en rolda de prensa novas sobre servizo de venda de entradas, ata o momento levado a cabo por Ataquilla. O cambio a Ticketea responde a unha mellora que permite a venda a través da propia web e Facebook do Pazo da Cultura e, a partir de mañá luns, a venda física de entradas na Casa da Luz. Unha ubicación idónea tanto polo seu emprazamento físico nun punto clave do Casco Vello, céntrico e con moita afluencia, como por ser un lugar de información para os visitantes de fóra, que poden querer completar o seu paso pola nosa cidade con algunha actividade cultural das programadas.
Un sevizo que nace en definitiva para achegar a venda dos espectáculos programados por Cultura do Concello de Pontevedra ao maior número de público e entre outras cuestións, para cubrir unha demanda, especialmente do público de idade máis avanzada que non manexa tecnoloxía e carece de correo elecrónico ou non quere facilitar os seus datos bancarios nin online nin telefónicamente, que eran as canles de venda anticipada ata o momento.
O persoal da Casa da Luz, que recibíu unha formación por parte da empresa Ticketea, ademáis de despachar billetes – polo momento só mediante pago en metálico- está capacitado para realizar duplicados de entradas no caso de que o/a titular non as localice e auxiliar na compra online se se prefire a versión dixital á impresa.
Durante o inverno o horario de venda na Casa da Luz será de 9:30 a 14 horas e de 16:30 a 19:30 de luns a sábado e os domingos e festivos de 10 a 14h.
Como viña sendo habitual, os despachos de billetes do Pazo e o Teatro Principal abrirán igualmente antes de cada evento: dúas horas antes no caso do Pazo e unha no do Principal, salvo os Domingos do Principal, que son tamén dúas antes de cada pase.
Hora
Xaneiro 15 (Luns) - Xuño 15 (Venres)
Localización
Casa da Luz
Casa da Luz. Praza de Verdura, s/n. 36002 Pontevedra
Detalles do Evento
Cantos de Taberna é un proxecto cunha grande acollida entre os pontevedreses, e xa van sete anos! Tal é así, que hai grupos nacidos de edicións de Cantos de Taberna,
Máis
Detalles do Evento
Cantos de Taberna é un proxecto cunha grande acollida entre os pontevedreses, e xa van sete anos! Tal é así, que hai grupos nacidos de edicións de Cantos de Taberna, como poden ser Os chispas do Lérez, que este ano súmanse ao cartel.
Cantos de Taberna inclúe cinco citas que comezan o venres 26 de xaneiro e que se repetirán o último venres de cada mes até maio. O horario será o de sempre, de 21.00 a 24.00 h.
A participación é un piar fundamental de Cantos de Taberna e por elo agasallaráselle ás persoas (ou grupo de persoas) máis entusiastas, constantes e participativas cun libro tabernario, que recolle os cantos tradicionais.
Programa (datas, locais e grupos):
• Venres, 26 de xaneiro. No Brasilia e o Machuco. Aquí e alá.
• Venres, 23 de febreiro. No Milano e o Maristas. Mistura.
• Venres, 23 de marzo. No Novo Viñedo e La Casita. Os Chispas.
• Venres, 27 de abril. No Saudade e o Timón. Vento mareiro.
• Venres, 25 de maio. No Reixas e a Navarra. Maravallada.
Hora
Xaneiro 26 (Venres) 21:00 - Maio 25 (Venres) 23:59
Localización
Tabernas da cidade de Pontevedra
Tabernas da cidade de Pontevedra
Detalles do Evento
A XIX edición de Noites Abertas inclúe unha oferta de 97 actividades diferentes, impartidas por 137 monitores/as durante 9 fin de fins de semana, é dicir, 18 xornadas que se
Máis
Detalles do Evento
A XIX edición de Noites Abertas inclúe unha oferta de 97 actividades diferentes, impartidas por 137 monitores/as durante 9 fin de fins de semana, é dicir, 18 xornadas que se alongarán até o sábado 28 de abril.
Nesta edición participan 19 asociacións e clubs deportivos realizando 23 actividades; 15 empresas pequenas e locais (sobre todo autónomos) realizan 22 das actividades ofertadas e prestan 8 servizos e colectivos informais de mozxs e persoas novas a título individual, realizan 49 das actividades.
Entre as 97 actividades diferentes pódense atopar deportes, manualidades, bailes, xogos, actividades musicais, etc…
Para participar nas actividades só hai que ter entre 12 e 30 anos e querer pasalo ben os venres e sábados en Pontevedra. Toda a programación pode consultarse na web www.noitesabertas.gal
Máis unha vez, en colaboración coa Asociación Down Pontevedra “Xuntos”, Noites Abertas conta co Programa de Acompañamento no Ocio a Mozxs con Discapacidade Intelectual, o que permite formar un grupo con acompañante para acudir ás actividades e participar libremente. As persoas interesadas deberán contactar coa asociación no teléfono 986 865 538.
As actividades non requiren inscrición previa agás 7 actividades, que abrirán un prazo de PRE- INSCRICIÓN na web do programa:
– Ruta nocturna en kaiak polo río Lérez.
– Paseo ambiental e observación de aves por Lourido.
– Gran xogo Survival Zombie “Terra de Zombis”.
– Observación astronómica “Un paseo pola Lúa” no observatorio de Cotobade.
– Observación astronómica no miradoiro de Augasantas.
– Roteiro cultural polo río Batán con chocolatada final.
– Escape Music Room.
Aínda así, o acceso a estas actividades será libre cando chegado o momento da súa celebración, quedaran prazas dispoñibles.
O programa mantén o seu compromiso co principio de igualdade entre mulleres e homes. A Comisión de Igualdade velará pola promoción de medidas de non discriminación supervisando o desenvolvemento das actividades e formando ao monitorado para que non se produzan actitudes ou contidos sexistas.
Máis un ano, Noites Abertas tamén contará cunha moza que desenvolve un proxecto de community manager para dotar de contido, xestionar e administrar as actividades nas RRSS de Instagram Facebook así como da propia web do programa.
+info.: Concellaría de Xuventude – Concello de Pontevedra. Casa da Luz, praza da Verdura s/n 36002 Pontevedra Tel. 986 840367 noitesabertas@pontevedra.gal www.noitesabertas.gal
Hora
Febreiro 23 (Venres) - Abril 28 (Sábado)
Localización
Concello de Pontevedra
Concello de Pontevedra
Detalles do Evento
"Nacidas Libres' chegará o Principal o 7 de marzo e 'Casa O`Rei' o 3 de maio Ambos espectáculos forman parte dos 15 espectáculos e 27 funcións contratadas a través da Rede
Máis
Detalles do Evento
“Nacidas Libres’ chegará o Principal o 7 de marzo e ‘Casa O`Rei’ o 3 de maio
Ambos espectáculos forman parte dos 15 espectáculos e 27 funcións contratadas a través da Rede Galega de Teatro para o primeiro semestre de 2018.
As actrices de Contraproduccións secundarán a folga do 8 de marzo, polo que a representación de ‘Nacidas Libres’ será finalmente o mércores 7 ás 21:00h.
As entradas anticipadas para ambas pezas, están xa a venda nas canles habituais, Ticketea e o despacho da Casa da Luz.
O departamento de Cultura do Concello mantén a súa aposta pola produción musical e teatral galega e prolonga o ciclo Ponteatro ata a primavera, incorporando ao programa ‘Nacidas libres’ de Contraproduccións o vindeiro mércores 7 de marzo e ‘Casa O`Rei’ de Ibuprofeno Teatro o xoves 3 de maio.
O ciclo, que ten lugar habitualmente no Teatro Principal ás 21h dos xoves, modificou a data da primeira representación – ‘Nacidas Libres’ – porque o elenco do espectáculo, formado por Rocío González, Susana Dans, Casilda Alfaro e Mónica Camaño, secundará a folga do 8 de marzo.
O texto, de Cándido Pazó conta como catro actrices que atravesan esas idades nas que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo,fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza, xunta´ndose nunha aulade cultura, hai anos pechada, dunha entidade bancaria que hai anos cambiou de nome. En vista de que non topan textos para catro mulleres, aventu´ranse a promovelo elas, encomenda´ndollo a unha xove escritora que vive emigrada, partindo dunha noticia aparecida nos xornais: A polici´a rescata tres monxas indias retidas contra a su´a vontade nun convento de clausura en Santiago.
Será o 3 da maio cando poidamos gozar do espectáculo ‘Casa O`Rei’ de Ibuprofeno Teatro que completa a triloxía gastronómica, xunto con ‘O furancho’ e ‘Raclette’.
Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do “Rei Lear” de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.
Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.
Ambos espectáculos – para os que a venda anticipada xa está activa en Ticketea e a Casa da Luz ao prezo habitual de 8€ e 4€ para parados, estudantes e xubilados – forman parte dos 15 espectáculos e 27 funcións contratadas a través da Rede Galega de Teatro, que terán lugar ao longo do primeiro semestre de 2018 e supón un incremento respecto ao 1º semestre de 2017 no que os espectáculos contratados foron 9.
Maioritariamente en galego, algúns integran os Domingos do Princiapal e outros poderán ser vistos a partir do 6 de abril dentro da programación do o Salón do Libro ‘Mulleres de Conto’.
+info. en pazodacultura.org
Hora
Marzo 3 (Sábado) - Maio 3 (Xoves)
Localización
Teatro Principal
Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6
Detalles do Evento
Fomentar a actividade física e gozar do patrimonio natural e cultural do municipio e o dobre obxectivo que guía o Circuíto de Andainas de Pontevedra – Ponte Andadas 18, que
Máis
Detalles do Evento
Fomentar a actividade física e gozar do patrimonio natural e cultural do municipio e o dobre obxectivo que guía o Circuíto de Andainas de Pontevedra – Ponte Andadas 18, que promoven a Concellería de Deportes da man de Naturgaliza Club.
Os interesados en participar en Ponte Andadas 18 deberán ser maiores de 12 anos e inscribirse para poder sumarse ás camiñadas. O prezo é de 8 euros, para aquelas persoas que queiran facer todo o circuíto e de 2 euros por andaina, agás os desempregados que non terán que pagar.
O pago farase por transferencia bancaria ou ingreso a nome de Naturgaliza Club na conta de Abanca ES82 2080 3116 0030 4000 8694. E a inscrición realizarase a través do correo electrónico ponteandadas@gmail.com ou teléfono 625 482 636.
Os participantes no Circuíto de Andainas de Pontevedra irán acompañados por monitores que seguirán e guiarán o ritmo dos distintos participantes, pois non é unha carreira. Cada ruta poderá desenvolverse cun máximo de 300 persoas.
Ruta 1. Encoro do Pontillón do Castro-Cerponzóns
Domingo, 11 de marzo. Aprazada para o domingo, 29 de abril
Saída. 10.00 horas. Igrexa de San Vicente de Cerponzóns
Distancia. 15,9 km.
Dificultade. Media
Ruta 2. Patrimonio de Ponte Sampaio
Domingo, 15 de abril
Saída. 10.00 horas. Centro de ocio de Ponte Sampaio (praia fluvial, ao carón do campo de fútbol
Distancia. 15,2 km
Dificultade. Media
Ruta 3.- Lago Castiñeiras- Salcedo
Domingo 13 de maio
Saída. 10.00 horas. CEIP Cabanas (Salcedo)
Distancia. 14,6 km
Dificultade. Media
Ruta 4. Foxo do Lobo-Bora
Domingo, 9 de setembro
Saída. 10.00 horas. Campo da festa de Santa Lucía- Bora, estrada a Carballedo (PO-233)
Distancia. 14,5 km
Dificultade. Media
Ruta 5. Serra da Fracha-Canicouva
Domingo, 7 de outubro
Saída.10.00 horas. Igrexa de Santo Estevo da Canicouva
Distancia. 13,3 km
Dificultade. Media-Alta
Ruta 6. Senda do Lérez-Bora
Domingo, 4 de novembro
Saída. 10.00 horas. Illa das Esculturas, pasarela peonil
Distancia. 11,5 km.
Dificultade. Baixa
Hora
Marzo 11 (Domingo) - Novembro 4 (Domingo)
Localización
Concello de Pontevedra
Concello de Pontevedra
Detalles do Evento
Supercantos é un evento que nace das ganas de cantar. Por iso organizamos un sistema de ensaios (4 sesións en 3 lugares distintos, en total 12 ensaios), para rematar o
Máis
Detalles do Evento
Supercantos é un evento que nace das ganas de cantar. Por iso organizamos un sistema de ensaios (4 sesións en 3 lugares distintos, en total 12 ensaios), para rematar o día 10 de agosto nun gran canto colectivo e masivo e itinerante por 4 prazas do centro histórico.
Non é preciso ter unha voz especialmente dotada para o canto, servemos todas e todos.
As datas dos ensaios son as seguintes:
No Local Social de Cabaleiro en Campañó os días 4 de abril, 9 de maio, 6 de xuño e 4 de xullo.
No Centro Cultural do Gorgullón os días 9 de abril, 7 de maio, 11 de xuño e 9 de xullo.
Na Casa Verde de Salcedo os días 18 de abril, 16 de maio, 20 de xuño e 18 de xullo.
HORARIO: nos tres centros os ensaios serán de 20 a 22 h.
Anótate e participa nesta experiencia única!
Máis información chamando ao número 986 804 300 Ext. 7107
Hora
Abril 4 (Mércores) - Xullo 18 (Mércores)
Localización
Concello de Pontevedra
Concello de Pontevedra
Detalles do Evento
Encontros co mellor do mundo da literatura infantil: autorxs, ilustradorxs, mediadorxs, desta e a outra beira do Atlántico (México). Formación para profesionais e familias, actividades para a mocidade, espectáculos inéditos
Máis
Detalles do Evento
Encontros co mellor do mundo da literatura infantil: autorxs, ilustradorxs, mediadorxs, desta e a outra beira do Atlántico (México). Formación para profesionais e familias, actividades para a mocidade, espectáculos inéditos deseñados para O Salón, teatro, obradoiros e contacontos, exposicións, música, actividades para bebés, visitas guiadas e moito máis é do que poderedes gozar durante esta edición adicada ás ‘Mulleres de conto’.
Do 6 ao 29 de abril de 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra. De luns a xoves: de 17:00 a 20:00 h. Os venres: de 17:00 a 20:30 h. Os sábados e domingos: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 h.
Un programa con máis de 150 actividades que podedes consultar en salondolibro.gal e descargar para non perdervos nada!!
Hora
abril 6 (Venres) - 29 (Domingo)
Detalles do Evento
En 2018, As Matinés do Principal regresan por segundo ano consecutivo para gozar da música ao vivo en familia ou entre amigos en horario matutino. Velaquí un ciclo para todos
Máis
Detalles do Evento
En 2018, As Matinés do Principal regresan por segundo ano consecutivo para gozar da música ao vivo en familia ou entre amigos en horario matutino. Velaquí un ciclo para todos os públicos que fuxe dos tópicos do formato habitual das programacións matinais, concibidas para un público fundamentalmente infantil. Sen embargo, As Matinés do Principal buscan unha audiencia moito máis ampla e fomentan novos horarios de consumo cultural. Os tres directos programados comezarán ás 12.30h do mediodía e se celebrarán en fin de semana, nun horario asequible tanto para grupos familiares como para o público cada vez máis numeroso que reclama unha oferta de ocio diurno con personalidade e de calidade.
Seguindo a estela marcada na súa primeira edición, a variedade das achegas musicais das Matinés do Principal brinda a oportunidade de escoitar e ver no noso teatro a artistas, músicos e grupos internacionais, nacionais e galegos de contrastada reputación, valía artística e orixinalidade, tales como Guadi Galego, La Habitación Roja e The Posies.
Agardamos contar coa vosa complicidade e compañía neste nova edición das Matinés do Principal. Un ciclo de concertos que, de novo, busca integrarse na vida da nosa cidade e ofertar renovados hábitos de consumo cultural e de ocio. Achegádevos a descubrir un novo xeito de vivir a música ao vivo e o lecer en Pontevedra.
Abono 3 concertos Ciclo Matinés do Principal: 36€ + gastos de xestión (ata fin de existencias) | Menores de 14 anos: 50% de desconto.
Entradas á venda en ataquilla.com e en ticketea.com
Esta entrada da acceso aos 3 concertos que compoñen o Ciclo As Matinés do Principal.
Importante: Deberase presentar esta entrada en cada uno de los 3 conciertos que componen el Abono.
GUADI GALEGO. Sábado 7 abril de 2018. Prezo: 15€ (anticipada) + gastos de xestión / 17€ (billeteira).
LA HABITACIÓN ROJA. Sábado 5 maio de 2018. Prezo: 15€ (anticipada) + gastos de xestión / 17€ (billeteira).
THE POSIES. Sábado 6 de outubro de 2018. Prezo: 12€ (anticipada) + gastos de xestión / 14€ (billeteira).
De non esgotarse anticipadamente, poranse á venda na billeteira do Teatro Principal desde dúas horas antes do inicio de cada concerto.
+info. en pazodacultura.org
Hora
Abril 7 (Sábado) - Outubro 6 (Sábado)
Detalles do Evento
Exposición "Alejandro de la Sota 1913-1996", organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia cos fondos documentais cedidos pola Fundación Alejandro de la Sota e coa colaboración da Real Academia
Detalles do Evento
Exposición “Alejandro de la Sota 1913-1996”, organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia cos fondos documentais cedidos pola Fundación Alejandro de la Sota e coa colaboración da Real Academia Galega de Belas Artes, que dedica o Día das Artes Galegas do 2018 á súa figura.
A inauguración terá lugar o 14 de abril ás 13:30 h. no Paseo Antonio Odriozola – Praza da Ferraría.
Hora
abril 14 (Sábado) - 30 (Luns)
Localización
Paseo Antonio Odriozola
Paseo Antonio Odriozola. 36002 Pontevedra
Detalles do Evento
Experimenta Pontevedra, Festival de Deseño Urbano, celebra a súa primeira edición do 21 ao 24 de xuño de 2018. Catro días onde o espazo público transfórmase buscando fomentar un uso
Máis
Detalles do Evento
Experimenta Pontevedra, Festival de Deseño Urbano, celebra a súa primeira edición do 21 ao 24 de xuño de 2018. Catro días onde o espazo público transfórmase buscando fomentar un uso que potencie a imaxinación e o xogo.
Esta convocatoria propón a creación dunha instalación efémera no tramo inicial da rúa Benito Corbal, no seu encontro coa Praza de Ourense. Formará parte do conxunto das instalacións que se realizarán en diferentes localizacións do centro urbano da cidade. A convocatoria comprende tanto o deseño da intervención como a posterior construción e desmonte por parte do equipo gañador.
O concurso vai dirixido a todo tipo de profesionais participando de forma individual ou formando equipos de creadores (persoas ou colectivos), dentro de calquera das disciplinas do deseño, a arquitectura e o urbanismo. Os profesionais que se presenten de forma individual ou xa sexa de forma colectiva, será imprescindible que como mínimo un dos integrantes, estea colexiado no colexio profesional correspondente ou avale certa traxectoria profesional
O festival está organizado polo Concello de Pontevedra coordinado, comisariado e promovido por Santos e Mera arquitectos (José Santos e José Mera) e Javier Peña.
+info. e bases de Experimenta Pontevedra
Hora
Abril 15 (Domingo) - Xuño 24 (Domingo)
Localización
Concello de Pontevedra
Concello de Pontevedra
Detalles do Evento
O Concello de Pontevedra convoca a todos os nenos e nenas, mozos e mozas, asociacións culturais, veciñais e xuvenís a participaren no concurso de Maios que se vai a celebrar
Máis
Detalles do Evento
O Concello de Pontevedra convoca a todos os nenos e nenas, mozos e mozas, asociacións culturais, veciñais e xuvenís a participaren no concurso de Maios que se vai a celebrar o día 1 de maio ás 11.00 horas na Ferraría. Os interesados/as en participar teñen que inscribirse no Rexistro Xeral do Concello e no caso das persoas xuridicas a través da sede electrónica http://sede.pontevedra.gal/
A poetisa Tamara Andrés será a encargada de dar a benvida este ano á Festa dos Maios.
O prazo para inscribirse xa está aberto e remata o 27 de abril.
Hora
abril 16 (Luns) - 27 (Venres)
Localización
Praza da Ferraría
Praza da Ferraría
Detalles do Evento
Sétima edición do Galegote Rock, un programa de música en directo promovido polo Concello de Pontevedra, en colaboración con Pontevedra ao Vivo, co fin de dar a coñecer intérpretes e
Máis
Detalles do Evento
Sétima edición do Galegote Rock, un programa de música en directo promovido polo Concello de Pontevedra, en colaboración con Pontevedra ao Vivo, co fin de dar a coñecer intérpretes e grupos de música de distintos estilos e achegar ao público unha ampla oferta de música de calidade, feita en galego e en directo. Entrada de balde.
Venres 23 de marzo
12:00 h. Presentación do Galegote Rock 2018 nas Torres Arcebispais, coa actuación de Querido Extraño.
Xoves 26 de abril
22:00 h. Eu Son Voodoo, en O Grifón.
23:00 h. Boyanka Kostova, na Sala Karma.
Venres 27 de abril
21:30 h. Monoulios Dop, en El Pequeño.
Sábado 28 de abril
12:30/13:20 h. Son da Rúa, na Praza do Peirao.
13:40/15:00 h. Cinta Adhesiva, na Praza de Santa María.
17:00/18:00 h. Espiño, na Praza A Pedreira.
18:15/19:05 h. Esposa, na Rúa Juan Novás Guillén (escaleiras do Museo).
19:20/20.10 h. Ataque Escampe, na Praza de Méndez Núñez.
20:20/21:10 h. The Lelly Kelly’s, diante do Mercado de Abastos.
21:20/22:15 h. Os Amigos dos Músicos, na Praza a Pedreira.
22:30/23:30 h. Dakidarría, na Praza A Pedreira.
+info. en facebook.com/GalegoteRock
Hora
abril 26 (Xoves) - 28 (Sábado)
Localización
Cidade de Pontevedra
Cidade de Pontevedra
Detalles do Evento
Ludantia é un punto de encontro que trata de xuntar experiencias relacionadas coa Educación en Arquitectura para nenos e nenas, mozos e mozas no ámbito internacional. Trátase dunha plataforma desde
Máis
Detalles do Evento
Ludantia é un punto de encontro que trata de xuntar experiencias relacionadas coa Educación en Arquitectura para nenos e nenas, mozos e mozas no ámbito internacional. Trátase dunha plataforma desde a que compartir, debatir, experimentar e difundir proxectos educativos e de investigación que traballan co espazo (doméstico, social, urbano, rural, natural, humanizado,…) e nos que o neno e a nena, o mozo e a moza son protagonistas.
A Bienal busca ser un evento de apertura social no que intercambiar experiencias en torno á educación en arquitectura e profundar a nivel metodolóxico e de investigación, pero tamén unha vía para amosar o enorme potencial transformativo que a infancia/mocidade ten sobre os nosos espazos comúns e facelo coa mellor ferramenta posible: os proxectos educativos.
A primeira edición da Bienal celebrarase en Pontevedra do 10 de maio ao 17 de xuño de 2018. Os tres primeros días da súa inauguración, do 10 ao 12 de maio, terán lugar unha serie de relatorios con invitados internacionais, seminarios e talleres infantís, con horario de 9.30 a 14 h pola mañá e de 16 a 20 h pola tarde.
Realiza a túa inscripción para o evento. Consulta os Relatorios e Seminarios antes.
O rexistro de inscricións estará a cargo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Hora
Maio 10 (Xoves) - Xuño 17 (Domingo)